Trátase dunha iniciativa deseñada para fomentar o consumo de produtos do mar galegos, impulsar a súa venda e poñer en valor o traballo que realizan os profesionais da pesca e do marisqueo na nosa comunidade.
Galicia Sabe a Mar estará na Praza de Santa María do Valadouro o vindeiro 15 de agosto entre as 16:00 e as 21:00 horas e o 18 de agosto diante da igrexa de Riotorto de 12 a 15 horas e na praza do Concello de 19:00 a 21:00 horas. As degustacións serán de balde e están dirixidas a todas as persoas que desexen coñecer máis sobre os produtos do mar galegos e o seu sabor.
Con esta iniciativa, a Xunta busca concienciar á poboación sobre a importancia de consumir produtos do mar locais, non só polo seu sabor e calidade, senón tamén polo impacto positivo que ten na economía e no mantemento do noso medio mariño.