Burela celebrará o Entroido 2019 con diversas actividades para nen@s e adultos. O desfile será o 3 de marzo.

O 3 de marzo darán comezo as actividades de Entroido organizadas polo Concello de Burela. Ás 17:00 horas sairá o desfile desde a rúa do Ril. Haberá premios nas seguintes categorías: Individual Infantil con 90€ para o 1º e 40€ ao 2º; Adulto Individual con 120€ para o 1º e 50€ ao 2º; Parella Infantil con 100€ para o 1º e 60€ ao 2º; Adulto Parella con 150€ ao 1º e 100e ao 2º; Grupo Infantil con 200e para o 1º, 100€ ao 2º e 50 e ao 3º; Adulto Grupo con 250€ ao 1º, 150€ ao 2º e 100€ ao 3º; e Carrozas e Charangas e Comparsas con 500€ para o 1º e 250€ ao 2º, en ambos casos.

Ese domingo 3 haberá DJ e chocolatada gratuíta, na carpa instalada na praza do Concello.

O luns, 4 de marzo, celebrarase un taller infantil de cociña de entroido, na praza de abastos. Os nenos e nenas interesad@s teñen que anotarse na Oficina de Medio Ambiente, situada na praza da Mariña, ou nos números de teléfono 982 580 867 e 647 136 673. As prazas son limitadas, a actividade é gratuíta e haberá turnos ás 16:00, 17:30 e 19:00 horas. Entre as 22:30 a 2:30 horas, na carpa instalada na praza do Concello, terá lugar a actuación do grupo musical Tribal.

O martes, 5 de marzo, será o Día do Neno e haberá inchables, manualidades de entroido, desfile con premios e pintacaras. Terá lugar na carpa da praza do Concello de 16:30 e 21:00 horas.

E mércores, 6 de marzo, celebrarase o Enterro da Sardiña. A saída será ás 20:00 horas de Arcadio Pardiñas, á altura do Mesón do Poeta.