Burela acolle un curso de prevención de accidentes domésticos. Será no salón de conferencias da antiga biblioteca o día 9 de outubro, mércores, de 17:00 a 19:00 horas.
A inscrición realizarase na Casa do Concello ou no número de teléfono 982.58.60.00 en horario de 9:00 a 14:00.
Trátase dun curso acreditado pola asociación de familias e mulleres no mundo rural AFAMMER na provincia de Lugo.