A Aula CeMIT de Ribadeo impatirá un obradoiro gratuíto sobre o manexo de tablets dirixido a persoas maiores. Será do 19 ao 21 de novembro.

A Aula CeMIT do Concello de Ribadeo impartirá un obradoiro gratuíto sobre o manexo de tablets. Está dirixido a persoas maiores.

A actividade, que se celebrará os días 19, 20 e 21 deste mes de novembro, está orientada principalmente a introducir ás persoas maiores no uso básico destes dispositivos, e mostrarlles as múltiples vantaxes e posibilidades que se lles abren aproveitando estas tecnoloxías ao combinar unha gran portabilidade e accesibilidade desde calquera sitio e lugar. O obradoiro desenvolverase en horario de 16:00 a 17:30 horas e terá lugar na Aula CeMIT de Ribadeo.

O número de prazas é limitado e para participar é necesario facer a pre inscrición antes do venres, día 16, na propia Aula CeMIT ou chamando ao número de teléfono 982 120 732.

A Aula CeMIT do Concello de Ribadeo organiza este obradoiro en colaboración coa Fundación Vodafone España, que poñerá a disposición dos asistentes dez tabletas para que, os que non dispoñan destes dispositivos, poidan practicar durante as clases.