
Ata o 8 de maio desenvolverase a campaña do Día da Nai organizada por Acia Foz-CCA. Todas aquelas persoas que realicen as súas compras nos comercios asociados ata ese día entrarán no sorteo de 5 premios de 100 euros en vales de compra cada un. O sorteo terá lugar o 12 de maio en directo a través da emisora local Radio Foz.
O presidente de Acia Foz-CCA, José Carlos Paleo, anima “a realizar as compras desta tradicional data no comercio local. Aquí en Foz podemos atopar todo o que precisamos para agasallar ás mamás polo seu día”. E engade que “tamén toca festexalo coa familia na hostalería local. Contamos cun sector da restauración disposto a sorprendernos coas súas propostas gastronómicas nunha celebración tan especial como é a do Día da Nai”.
Acia Foz-CCA conta coa colaboración do Concello de Foz e da Xunta de Galicia para esta campaña. Na presentación participaron o alcalde de Foz, Fran Cajoto, a concelleira de Comercio, Kathy Navarro, e o presidente de Acia Foz-CCA, José Carlos Paleo.