A Deputada de Cultura, Pilar García Porto, e a Alcaldesa de Viveiro, María Loureiro García, acompañadas doutras autoridades, inaugurarona XXI Feira do Libro de Viveiro, situadas nos Xardíns de Noriega Varela. Esta edición estará aberta ata o 16 de agosto.
O Goberno da Deputación realiza unha achega de 3.000 euros para a celebración da Feira do Libro de Viveiro, así como das que se celebran na provincia, en colaboración coa Federación de Libreiros de Galicia, co obxectivo de apoiar e impulsar o sector editorial na provincia de Lugo.
García Porto remarcou que “con esta Feira, achegamos a literatura á cidadanía, contribuímos ao impulso do noso idioma, como principal elemento da identidade galega, e fomentamos o hábito lector entre pequenos e maiores. Ademais avanzou que a Deputación tamén instalará un stand con publicacións editadas polo organismo provincial, e a Fundación TIC, gravará a feira para promover e difundir o evento por toda a provincia.
Horario
O horario será de12:00 a 14:00 horas e de 18:00 a 22:00 horas. Os fines de semana e festivos o peche será ás 14:30 horas, exceptuando o primeiro día, que abrirá tamén en horario de tarde.Tamén haberá un sorteo de 200 exemplares entre todas as persoas que participen no concurso“Elixe aos teus favoritos”, votando o seu libro, escritor e librería preferidos. As librerías participantes son: Libraría Pedreira, Arigató Cartabón, Nobel Burela, Aenea, Cortizas, Gato Neghro, Porta da Vila e Seminario de Estudos Terras de Viveiro.