A asociación musical Cova do Can organiza a primeira Noite Rock en Burela o 8 de febreiro

A asociación musical Cova do Can presenta a primeira Noite Rock en Burela. Será o 8 de febreiro, sábado, desde as 20:00 horas.

A organización explica que é unha “xuntanza de socios/as á que calquera está invitado/a a pasalo ben con nós”. De 20:00 a 21:30 horas en L´Urbana haberá sesión rock de Dj PEPU. Ás 22:00 terá lugar a cea no restaurante a Mares. E a partir das 23:00 horas haberá sesión Rock con Dj XEVI, tamén en A Mares.

A cea é previa reserva (data límite o 7 de febreiro), cun custo de 28 euros e co seguinte menú: “entremeses variados, croquetas, calamares, cachopo, bebida, postre, café e chupito”.