A Asociación de Produtores de Verdina de Galicia inicia a súa actividade nas súas novas instalacións en Mondoñedo.

A Asociación de Productores de Faba Verdina de Galicia presentou esta
mañá as súas novas instalacións, nun acto presidido pola Alcaldesa de
Mondoñedo, a popular Elena Candia.

O proxecto contou dende os inicios co apoio da Consellería de Medio
Rural e do Concello de Mondoñedo. A nova nave de Verdina de Galicia,
sita no mindoniense Barrio de San Lázaro, albergará tanto súas oficinas da
agrupación de productores, como un Centro de Xestión de faba fresca.
Unha vez rematadas as labores de acondicionamento, consistentes na
preparación dos distintos espacios de traballo, dará comenzo
inmediatamente a actividade de xestión de faba fresca, que se
desenvolverá en colaboración con dúas das principais comercializadoras
deste produto a nivel nacional, e que se levará a cabo íntegramente nas
instalacións de Verdina de Galicia.

A faba fresca é un producto con moita demanda no mercado, e nesta
época do ano está no seu momento álxido pois ven de ter lugar a súa
colleita. As instalacións de Verdina de Galicia permanecerán abertas para
a recepción de faba fresca, de luns a venres en horario de 9 a 13 horas, e o
sábado pola mañá previa cita. Posteriormente sométese o producto a un
control de calidade según os estándares das distintas empresas
ASOCIACIÓN DE PRODUCTORES DE FABA VERDINA DE GALICIA
comercializadoras, para posteriormente pesar o producto e envasalo,
permanecendo dende este momento almacenado en cámaras frigórificas
á espera de ser expedido, saíndo das instalacións a cargo da empresa
comercializadora e nas cantidades que ésta requira.

A Asociación de Productores de Faba Verdina de Galicia naceu a pasada
primavera co obxetivo de apoiar e promocionar a actividade dos
productores desta faba e coa vista posta na súa comercialización directa,
tanto no mercado galego como a nivel nacional. Está constituida por
productores de Mondoñedo, Trabada e Lourenzá. A Mariña lucense é
precisamente unha referencia na producción deste tipo de fabas, debido á
idoneidade do solo e o clima.

Precisamente a primeira labor da Asociación foi poñer en marcha a marca
“FABA VERDINA DE GALICIA”, que permitirá ós consumidores coñecer a
súa orixe e que é garantía do bo facer destes productores da Mariña.
Neste proxecto contaron tamén co apoio do Concello de Mondoñedo, que
busca deste xeito contribuir á dinamización do sector primario do
municipio e da Mariña en xeral, apoiando proxectos que reforcen a imaxe
dos seus productos agroalimentarios.