A asociación cultural e xuvenil Ó Compás do Río Ouro organiza o I Taller de Música na Semana Santa do 14 ao 16 de abril

A asociación cultural e xuvenil Ó Compás do Río Ouro organiza a primeira edición do Taller de Música na Semana Santa. Será na Escola de Música O Valadouro os días 14, 15 e 16 de abril. É para nenos e nenas con idades entre os 5 e os 10 anos.

É un taller de introdución á música a través de xogos, contos, manualidades, bailes e intrepretación de pezas musicais con instrumentos. Será impartido por Juana García Parga, mestra especialista en Educación Musical. O prezo é de 30 euros por persoa.

“Xa nos acercamos á Semana Santa e os máis peques da casa estarán de vacacións. Dende a nosa asociación organizamos para os días 14, 15 e 16 de abril (de 10:00 a 13:00 horas) o primeiro taller de iniciación á música para que poidan disfrutar da música a través de xogos, contos, manualidades, bailes,... Unha forma máis de aprender divertíndose cos amig@s! Está aberto a todos os que queiran participar”, anuncia a asociación Ó Compás do Río Ouro.