As Alpuxarradas abren o Entroido en Viveiro o 26 de febreiro. O desfile será o 1 de marzo.

O Concello de Viveiro comeza a súa programación de Entroido este sábado, 26 de febreiro, coa celebración das Alpuxarradas ás 20:30 horas no Teatro Pastor Díaz. A reserva de entradas pódese facer no teléfono 982 560 162, de luns a venres, ou no correo rbg.cultura@viveiro.es. Os participantes no certame, no caso de non poder manter a distancia interpersoal de seguridade establecida en 1´5 m., terán que levar a máscara posta ou ben un test de antíxenos ou PCR. O público asistente terá que estar sentado e coa máscara.

O martes, 1 de marzo, terá lugar o desfile ás 17:30 horas. O prazo de inscrición é ata o 27 de marzo no rexistro municipal ou na sede electrónica, xa que por motivos organizativos non se anotará o día do desfile. O uso da máscara será obrigatorio para os participantes e para o público asistente.

O Concello de Viveiro ven de anunciar o protocolo para a prevención do contaxio da covid durante o Entroido no que recolle unha serie de medidas como o mantemento das distancias de seguridade e o uso da máscara tanto nas atraccións como nas actividades ao aire libre.