A Asociación Cultural Xuvenil O Castelo organiza cabalgata dos Reis Magos en Alfoz na que haberá inchables, chocolate e biscoitos este venres, 5 de xaneiro.
Os Reis Magos farán un percorrido que empezará na Casa da Cultura ás 16:00 horas e inclúe paradas nas Oiras, no Pereiro, na Pinguela, en Reirado, en Bacoi, en Carballido, en Adelán e en Castro, “atendendo as peticións dos máis pequenos e pequenas da casa. Logo visitarán o pavillón municipal de Alfoz, onde estará o buzón real, no que os nenos e nenas poderán depositar as súas cartas”, explica a organización, que tamén anuncia que “haberá chocolate e biscoito para os asistentes, así como inchables para pasar unha tarde ben divertida”.