A agrupación cultural Francisco Lanza, de Ribadeo, organiza unha excursión a Lugo para o día 2 de xuño, domingo. A saída será ás 09:00 horas desde a estación de autobuses ribadense.
“Dentro da conmemoración das Letras Galegas, mais xa centrado no campo da memoria e da lingua, organizamos unha excursión á cidade de Lugo para o próximo día 2 de xuño, na que visitaremos o cemiterio de San Froilán, dentro do Programa de Cemiterios Europeos, o casco histórico e o centro cultural Vello Cárcere”, explica a organización.