As actividades de As Noites de Foz serán do 9 de xullo ao 22 de agosto

A concelleira de Xuventude en Foz, Zoraida Coira, deu a coñecer a programación das Noites que comeza o vindeiro martes, 9 de xullo, na Rapadoira con volei praia e rematará o 22 de agosto.

As mozas e mozos gozarán de volei e fútbol praia, fútbol sala, baloncesto e wipe out. O volei praia será do 9 ao 11 de xullo; o fútbol sala, do 22 ao 24 de xullo; o wipe out, do 6 ao 8 de agosto; o fútbol praia, do 13 ao 15 de agosto; e o baloncesto do 20 ao 22 de agosto.

As actividades desenvolveranse na Rapadoira e no Campo da Cabana desde as 22:00 horas.

O Concello de Foz destaca que “de 10 anos en adiante están convidados/as a participar das noites máis movidas do verán. Tan só deben inscribirse o primeiro día de cada actividade, antes de comezar”.