ACIA/CCA de Foz, o Concello e a súa Delegación de Medio Ambiente, Clínica Veterinaria Foz, Fauna e a protectora de animais focense organizarán a 1ª Feira Foz Canina. Xa comezaron as xuntanzas de traballo para levar a cabo este evento.
As datas que se barallan son as do 13 e 14 de outubro. Desde a directiva do Centro Comercial Aberto subliñan que “estamos iniciando os contactos e o traballo para facer unha programación atractiva na que estarán implicadas as propias clínicas, a protectora, os provedores, etc…”.
Neste evento, que se vai denominar 1ª Feira Foz Canina “haberá concursos, programas, conferencias, campañas de concienciación. Todo o que rodea ao mundo do can, ao mundo das nosas mascotas, estará presente nesta feira”.