Durante o mes de agosto haberá moitas actividades culturais e deportivas en Trabada.
O 4 de agosto ás nove da noite na Casa da Cultura terá lugar unha representación teatral contra o bullying. Titúlase “Eres único” e correrá a cargo da asociación de axuda ao enfermo mental A Mariña.
O 11 de agosto tamén ás nove da noite na Casa da Cultura haberá un espectáculo de títeres con Tanxarina e a súa “Galiña azul”.
O día 15 no campo de fútbol haberá unha xornada de inchables con tobogán deslizador, obstáculos, etc…
O 16 de agosto na praza do Concello está programado un espectáculo de maxia do Mago Paco para as seis da tarde.
O día 17 haberá Cine na Rúa coa proxección na praza do Concello da película “Campeones”. Será a partir das dez da noite.
O 18 de agosto ás nove na praza do Concello concerto de Pakolas e “A gramola gominola”.
E finalmente o 24 de agosto ás catro da tarde no río Eo, no campo da festa de Ría de Abres, haberá actividades acuáticas.