A concelleira de Turismo e Comercio, Ana Martínez, dixo que “este ano, un evento que estaba dentro da propia edición do Ribadeo de Tapeo, os Cantos de Taberna, terán a súa propia edición particular, e ademais será esta mesma semana. O sábado, 23 de marzo, poderemos e deberemos achegarnos a Ribadeo para disfrutar dos Cantos de Taberna amenizados por doce grupos de diferentes sitios, incluso algúns achéganse dende outras provincias, para actuar nuns 44 establecementos de hostalería que participan, e que ademais de poder facelo na vila de Ribadeo podemos acompañalos e disfrutar en diferentes parroquias, como é o caso de Rinlo e A Devesa. Así que a xente que está por Ribadeo que se achegue este sábado 23 a disfrutar dos Cantos de Taberna”.
Contraproduccións, baixo a dirección de Cándido Pazó, representa “Commedia” e recupera a peza estreada na Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia en 1993 e que xa é considerada un fito na historia do noso teatro. Vítor Mosqueira, Avelino González, Marcos Orsi, Nuria Sanz, César Goldi, Sergio Zearreta protagonizan esta ocasión magnífica de ver commedia dell’arte.
Será este domingo, 24 de marzo, ás 20 horas no auditorio municipal Hernán Naval. O prezo da entrada xeral será de 5 euros e a reducida para persoas desempregadas, estudantes e xubiladas será de 3 euros.