O Teatro Pastor Díaz de Viveiro acollerá este sábado, 23 de marzo, a representación de Commedia, ás 20:30 horas.
Esta comedia estreouse, en 1993, na Mostra Internacional de Teatro Internacional de Teatro de Ribadavia e tivo máis de 200 funcións en España, Portugal e Francia. Conta a historia como Arlecchino encontra unha carta de amor no mandil da súa muller e erradamente, pois a carta non era para ela, pensa que ela o engana. Desesperado quere matarse, pero deteno unha misteriosa voz que ven de ningures e que lle dá un anel máxico que ten a extraordinaria propiedade de facer perder a memoria a quen o pon. Arlecchino esquéceo todo pero, como daño colateral, esquece tamén a noción das convencións sociais.
O elenco artístico está formado por Víctor Mosqueira, Marcos Orsi, Nuria Sanz, Sergio Zearreta, Avelino González e César Goldi, baixo a dirección de Cándido Pazó.