A Escola Municipal de Música O Pallarego, de Mondoñedo, anda esta temporada a retomar os ensaios do musical “O amor de Afonso Reimúndez”, estreada o 10 de agosto do ano pasado na Praza da Catedral con motivo do Mercado medieval mindoniense, será de novo representada o sábado, 23 de marzo, ás 21:00 horas no Auditorio Pascual Veiga de Mondoñedo.
A obra, escrita polo escritor Xosé Peinó e musicada por Xan Carballal, presenta unha trama de carácter histórico onde o rei Afonso VII fai balance do súa vida por medio das relacións mais persoais con: Dª. Urraca, Dª. Berenguela, Dª. Rica e, como non, Gontrada o seu amor prohibido. Todo isto está apoiado por personaxes históricos e ficticios sen deixar de falar sobre a situación política e social do seu entorno. Deste xeito personaxes da vida civil e eclesiástica como: o alcalde, o bufón, o cego... paséanse pola escena xunto a representantes históricos como son: D. Raimundo de Borgoña, o seu aio Pedro Froilaz, ata chegar ao todopoderoso Arcebispo de Compostela Diego Xelmirez, eTc.
Esta obra está representada polos alumnos da Escola Municipal de Música de Mondoñedo, e conxuga a interpretación musical coa representación teatral e o canto, cunha posta en escena recreada na época medieval e inspirada no monarca Afonso Reimúndez e a súa vinculación con Mondoñedo.