O Desfile do Entroido en Xove será o 2 de marzo. A inscrición para participar xa está aberta. En total destínanse 4.400 euros a premios.

Xa está aberta a inscrición para participar no desfile do Entroido de Xove, que terá lugar o 2 de marzo. En total vanse repartir 4.400 euros en premios. O programa foi presentado nas últimas horas: 
 
Venres, 1 de marzo.- Este día a Concellería de Servizos Sociais organiza o  FESTIVAL DE ENTROIDO da  Escola Infantil de Xove, que terá como prólogo un desfile polas rúas de Xove para rematar co propio Festival no Salón de  Actos do Centro Cívico a partires das 11:00 horas.
 
Os actos centrais do Entroido, que a Concellería de Cultura preparou para este ano, vanse desenvolver o SÁBADO, 2 DE MARZO. O Programa para este día é o seguinte:
 
-16:00 horas.- Pasacalles por Xove a cargo da “CHARANGA “OS CHARANGOS”. Como paso previo a charanga vai ofrecer unha pequena actuación na Residencia da 3ª Idade San Bartolo de Xove.
 
-17:00 horas.- DESFILE DE ENTROIDO polas rúas de Xove, con saída do Campo Municipal de Fútbol e chegada no Centro Cívico. Do Desfile, premios  e da forma de inscribirse no mesmo, falamos nun apartado a continuación.
 
-18:30 a 20:30 horas.- BAILE INFANTIL DE DISFRACES coa DISCOTECA MÓBIL DECIBELIOS no Pavillón de Deportes. Nun intermedio deste baile  faranse entrega dos premios do Desfile en categorías infantil individual e infantil parellas.
 
-22:30 horas en diante.- BAILE DE DISFRACES coa actuación do GRUPO “FÉNIX” e a DISCOTECA MÓBIL DECIBELIOS no Pavillón Municipal de Deportes.  Nun intermedio deste Baile, sobre as 00:00 horas,  faranse entrega dos restantes premios do Desfile de Entroido.
 
A entrada a estes bailes é de carácter totalmente libre e gratuito.
 
Dado a inestabilidade do tempo e prevendo que o tempo poida empeorar e a climatoloxía non axude, o Concello vai dispor dunha CARPA que cubra prácticamente toda a praza do Centro Cívico, co fin de que garantir a celebración do desfile inda que choiva.
 
O período de inscrición para participar no Desfile do Entroido de Xove xa está aberto, e a mesma hai que realizala en:
 
      -No Concello, na oficina do Técnico de Cultura ata o venres 1 DE MARZO incluido, ou ben, chamando por teléfono ao 982592001.
 
      -O mesmo día do desfile (2 de marzo) no punto de saída ubicado na Nave-almacén situada ao carón do Campo Municipal de Fútbol, dende as 15:00 ata as 16:30 horas. Dende as 16:30 ata as 17.00 horas non se permitirá ningunha anotación máis, e só se poderán recoller os dorsais daqueles que se inscribiran con anterioridade via telefónica ou presencial.
 
   O Concello ten previsto que  tódolos/as  participantes a nivel individual, como parella,  grupo, comparsa/grupo ou carroza que se houberan inscrito previamente no desfile  (antes do 10 de febreiro) reciban un agasallo de parte da Organización. Os/as que se inscriban o mesmo día do desfile non terán dereito a este agasallo. O agasallo se lles entregará ao final do Desfile, dentro do Pavillón de Deportes, entregando o ticket facilitado previamente pola Organización.
 
PREMIOS QUE SE VAN ENTREGAR NO DESFILE
 
PREMIOS COLECTIVOS
Carrozas.
1º premio: 500 euros
2º premio: 350 euros
3º premio (2 premios): 250 euros cada premio
 
Comparsas e grupos de dez persoas ou máis
1º premio: 300 euros
2º premio: 250 euros
3º premio (2 premios): 200 euros cada premio
 
Grupos de adultos de 3 a 9 persoas (a metade máis un dos compoñentes do grupo deben ser maiores de 14 anos) 
1º premio: 130 euros
2º premio: 100 euros
3º premio (2 premios): 70 euros cada premio
 
Grupos infantís de 3 a 9 persoas (a metade máis un dos compoñentes do grupo deben ser menores de 14 anos) 
1º premio: 120 euros
2º premio: 90 euros
3º premio (2 premios): 60 euros cada premio
 
Parellas adultos
1º premio: 70 euros
2º premio: 60 euros
3º premio (2 premios): 50 euros cada premio
 
Parellas infantís 
1º premio: 60 euros
2º premio: 50 euros
3º premio: 40 euros cada premio         PREMIOS  INDIVIDUAIS
 
Individuais adultos (de 14 anos en diante)
 
1º premio: 60 euros
2º premio: 50 euros
3º premio (2 premios): 40 euros cada premio
 
Individuais infantil (menores de 14 anos)
 
1º premio: 50 euros
2º premio: 40 euros
3º premio ( 2 premios): 30 euros cada premio
 
 Ademáis dos anteriores premios, o Concello estableceu catro premios máis:
-Premio ao disfraz máis original (pode ser tando individual como colectivo): 30 euros.
-Premio ao participante máis maior: 30 euros.
-Premio ao conxunto máis numeroso: 30 euros.
-Premio ao  participante máis novo, que  recibirá un agasallo
 
As Bases reguladoras da Convocatoria do Desfile poden atoparse na páxina web do Concello: www.xove.es.