A asociación Arama e a Escola de Baile Hover Cross, coa colaboración do Concello de Cervo, organiza un novo curso de bailes de salón que dará comezo este xoves, 10 de xaneiro, ás 21:00 horas, no pavillón do CEIP Península da Paz, en San Ciprián.
As clases terán lugar cada xoves, en horario de 21:00 a 22:30 horas, no pavillón do CEIP Península da Paz.
As persoas interesadas poden inscribirse ou recibir información nos números de teléfono 648 033 250 ou 620 817 300.
Esta actividade botou a andar no pasado mes de setembro, con 14 parellas inscritas. Son impartidas por profesionais titulados en vals, pasodobre, tango, foxtrot, merengue, cumbia, bachata, salsa e cha-cha-chá.