A Concellería de Cultura colabora na organización da II Gala Solidaria Eu Son Burela, que se celebrará mañá, 28 de decembro. Terá lugar na Casa da Cultura e dará comezo ás 20:00 horas. O prezo da entrada é de 2 euros.
Nesta gala, presentada pola actriz mariñá Estíbaliz Veiga, actuarán: Iván Pérez (True Montains), Mario Arranz, Hugo Eiroá, Alberto Eiroá, Big Voice, Crooner 432, Álvaro Crego, Xaco Salgado, Raúl de J., As Moreninhas, Dambara, Arume, Batuko Tabanka e a Escola Municipal de Música de Burela.
O concelleiro de Cultura, José Díaz, convida a todos a asistir a esta gala “ademais de pola calidade dos artistas convidados, é unha cita importante dado o carácter solidario do evento”.