Os Sendeiros de Foz organiza o Belén de Cumes o 23 de decembro no monte Castelo de Vilacampa, en Ferreira.

A asociación Os Sendeiros de Foz organiza o Belén de Cumes, no monte Castelo de Vilacampa, en Ferreira, o 23 de decembro.

A saída será ás 9:00 horas do Concello de Foz, e ás 9:30 horas do Matadero de Ferreira.
Esta actividade é gratuíta e hai que anotarse para participar. O prazo remata o 19 de decembro. As inscricións poden facerse nos números de teléfono 606 718 482 (Laura) e 670 369 017 (Morís). Está incluído o seguro de accidentes.

A organización recomenda aos participantes que leven figuriñas para facer máis grande o belén.

Colabora con este evento o Concello de Foz.