O 3 de novembro chega a Viveiro "A leituga". Enriba do escenario do Teatro Pastor Díaz estarán Antonio Durán "Morris" e María Vázquez, entre outros.

O Teatro Pastor Díaz de Viveiro acolle este sábado, 3 de novembro, a presentación da obra A Leituga, ás 20:30 horas.

Baixo a dirección de Víctor Duplá, o elenco artístico está composto por María Vázquez, Antonio Durán “Morris”, Federico Pérez, José Barato e Mercedes Castro.

A historia conta como tres irmás reúnense na casa da maior para celebrar o aniversario do pai, que se atopa en estado de coma dende hai nove anos. O que de primeiras semella unha sinxela celebración, convértese nunha encarnizada poxa por ver quen se responsabiliza dos coidados do pai. A Leituga aborda en clave de humor un conflito familiar polo que todos pasamos ou pasaremos nalgún momento das nosas vidas.