As asociacións Mariña Patrimonio e Fervenza de Sargadelos, coa colaboración do Concello de Cervo, organizan dous roteiros polo municipio cervense. A finalidade é dar a coñecer o entorno natural, paisaxístico e cultural, así como xacementos arqueolóxicos e outros restos de antigas construcións.
O primeiro deles será o vindeiro 30 de setembro de mañá. A ruta comezará cunha interpretación do Castro de Rueta. Despois collerase o sendeiro que vai desde a praia pola beira do río Xunco, no que se encontrarán diversos muíños, para rematar no conxunto histórico de Sargadelos. O prazo para anotarse remata o día 26.
O segundo realizarase o 27 de outubro e durará toda a xornada. A Fraga de Trasbar, de grande diversidade ecolóxica e medio ambiental para alén de se encontraren restos de carboeiras, será o punto de inicio da camiñada. Continuará polos Montes Cabaleiros, os cales permiten unha vista panorámica da bisbarra, para dar finnoutro xacemento arqueolóxico, como é o Castro da Senra. As inscricións faranse até o 23 de outubro.
Cada roteiro ten un prezo de 5€ e inclúe seguro e desprazamentos en autobús. Para máis información e inscricións, contactar en mr.patrimonio.gmail.com ou fervenzadesargadelos@gmail.com