Xove acolle os días 15 e 16 de setembro un Campionato de España de Bolos Veteranos e SuperVeteranos.

Despois dos éxitos acadados recentemente nos Campeonatos de España de  Juveniles e Senior celebrados no Concello de Nigrán, o Club de Bolos Xove acolle o CAMPEONATO DE ESPAÑA DE VETERANOS (xogadores de 58 a 65 anos)  E SUPERVETERANOS (xogadores de máis de 65 anos), cita que se vai desenvolver este fin de semana na Bolera Municipal de Sumoas, no noso Concello, con arranxo ao programa seguinte:

SÁBADO, 15 DE SETEMBRO.- COMPETICIÓN INDIVIDUAL
As tiradas comezarán o sábado, día 15, ás 10 da mañá e continuarán ata que se decidan os campións individuais das dúas categorías (cunha paradiña para xantar a mediodía). Cada xogador fará un total de 15 tiradas e de aí sairán os 8 mellores Veteranos que se enfrontarán entre sí para decidir o Campeón de España.
Tamén desas primeiras 15 tiradas sairán os 4 mellores Superveteranos, quenes se xogarán entre eles o campeonato de España desa categoría.

DOMINGO, 16 DE SETEMBRO.- COMPETICIÓN POR PARELLAS
O domingo 16 formaranse 8 parellas cos 16 xogadores mellor clasificados nas 15 tiradas iniciais realizadas  o sábado anterior, enfrontándose entre elas desde as 10 da mañá, ata decidir os Campeones de España por parellas (en parellas só hai unha categoria)

Neste Campeonato de España vaise contara con xogadores chegados desde Madrid, Asturias e Galicia (entre eles hai xogadores con varios títulos de Galicia e de España en categoria individual e que a dia de hoxe continúan competindo na máxima categoria a gran nivel)