O Concello de Cervo, a través da delegación de Cultura que dirixe Dolores García Caramés, promove para este sábado, 8 de setembro, ás 12:00 horas, na biblioteca da Casa da Cultura unha actividade dirixida para os pequenos da casa.
Trátase dun obradoiro que ten como obxectivo que os nenos e nenas experimenten como é o proceso de creación dun libro ilustrado, a través de diversas técnicas grafo-plásticas desde un enfoque lúdico.
O taller, incluído no programa Ler Conta Moito, está dirixido a pequenos e pequenas a partir dos 6 anos de idade e ten unha duración de 120 minutos.
As inscricións deben formalizarse na Casa da Cultura (982.59.51.57).