Este domingo, 19 de agosto, terá lugar unha observación astronómica en Ribadeo.Será ás 22 horas.
A actividade terá lugar na praza de España e está aberta a todo o público. Inicialmente estaba programada para onte, xoves, pero non se puido realizar debido ao estado do ceo.
Enmarcada na campaña Todo Cosmos - A astronomía ao alcance de tod@s estas observacións astronómicas lévanse a cabo coa colaboración do Ministerio de Ciencia, a través da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología, e a Universidade de Santiago.