A sala de exposicións da Casa da Cultura, en San Ciprián, acolle ata o 31 de agosto unha mostra de Hipólito Xeada.
Trátase de obras cargadas de realismo nas que se poden recoñecer fermosas paisaxes e lugares de referencia do concello de Cervo.
No acto de inaguración participaron o alcalde, Alfonso Villares, así coma outros membros do equipo de goberno cervense.