A asociación sociocultural Mariña Patrimonio, en colaboración co Concello de Alfoz, organiza un obradoiro de bateo de ouro os días 6 e 14 de agosto.
Esta actividade estará dirixida polo xeólogo Francisco Canosa, recoñecido divulgador da xeoloxía galega, e desenvolverase no río Ouro ao seu paso polo concello de Alfoz.
As inscricións poden facerse no correo electrónico mr.patrimonio@gmail.com.
Mariña Patrimonio pretende divulgar a existencia dunha importante minería e industria aurífera nos tempos antigos, da que dan mostra os restos de ourivería castrexa e as minas romanas descubertas e recoñecidas, particularmente na Mariña Central e Oriental.