A axencia de viaxes Augasantas, de Ribadeo, que dirixe o barreirense Adrián Expósito Dorado, organiza unha excursión aos concellos pontevedres de A Guarda e Baiona. Será o 28 deste mes, sábado.
A actividade inclúe o desprazamento en autocar, o almorzo, a comida, as entradas ao museo e ao castro de Santa Tecla con visita guiada, percorridos polas localidades de A Guarda e Baiona e seguro asistencia de viaxe. O prezo é de 50 euros por persoa.
Para a reserva de prazas desta excursión hai que dirixirse a axencia de viaxes Augasantas, que está no baixo número 6 das galerías San Francisco-Reinante, de Ribadeo, ou ben chamar aos teléfonos 676.44.54.65 ou 982.87.74.70.