O 14 de xullo celébrase a VII Festa do Percebe de Xove. Haberá obradoiros e visitas en barco polo litoral. Intensa axenda de actividades durante o verán para os rapaces.

Intenso está a ser o verán en Xove. Numerosas son as actividades que se están desenvolvendo, así como importantes son as  citas que imos ter  nos vindeiros días.

Enredar para Aprender – Mañáns de Verán.

Dirixido a xoves de  entre 10 e 16 anos, contamos coa colaboración de cinco voluntarios/as xuvenís; o mesmo estase a  desenvolver durante os meses de xullo e agosto.  As actividades que se están realizando, son:
   -Xogos no Exterior, coa recuperación de xogos populares orixinais.
   -Cociñarte, ou a arte de cociñar receitas sinxelas.
   -Recuncho de Tarefas, para desenvolver a creatividade.
   -Ocio Alternativo, con E-Maker, S. Robótica e Minecraft.
   -Educación Vial, para educar á mocidade na seguridade vial.
   -Tics, actividades dentro do mundo da informática.

En total inscribíronse 23 persoas neste Programa, que desenvolven as súas actividades principalmente nas Aulas da OMIX (Aula de Xogos e Auloa de Informática).

VII Festa do Percebe.

Unha nova cita gastronómica repite este ano en Xove, lugar onde este próximo 14 de xullo vai ter lugar a VII FESTA DO PERCEBE. O éxito acadado na edición do pasado ano animou a Organización a repetir a experiencia. Concretamente vai ser unha carpa, ubicada  na Praza do Concello no Centro Cívico de Xove, a que acolla a celebración novamente desta Festa.   O evento vai comezar pola mañá ás 12:00 horas, cando se vai proceder as distintas degustacións, nas cales o percebe vai ser lóxicamente o rei.

As distintas especialidades que se van ofertar-+, son:
  -RACIÓN DE PERCEBEs: 14 €UROS. 
  -RACIÓNS DE EMPANADA (de zamburinas, berberechos, mezclado de mariscos, polbo, bonito e xamón e quixo): 3 €
 -BOTELLA DE VIÑO: 6 €

Esta oferta vai estar acompañada, para aqueles que o desexen, por un viño de albariño, a un prezo popular de 6 €uros a botella. Lóxicamente, tamén haberá todo tipo de bebida para os que collan outras opcións (augas, refrescos, cervexas, viño, etc.).

Como complemento educativo-cultural a esta Festa, as exposicións  “O Percebe e o seu Ecosistema” e “O Polbo e o seu Ecosistema” estarán dispoñibles desde o 1 ata o 31 de xullo na Sala de Exposicións do Salón de Actos do Concello de Xove en horario de 10:00 a 21:00

Obradoiros.- vanse desenvolver o mesmo día da Festa, no Salón de Actos do Centro Cívico de Xove a partires das 15:30 h. da tarde. Non é preciso realizar inscricións previas nin reservas, xa que se poderán apuntar alí mesmo; iso sí, haberá un aforo limitado. Nos mesmos poden participar nenas e nenos que sexan capaces de realizar manualidades.
(A idade mínima é de 4 anos orientativamente)
* Segundo as condicións meteorolóxicas os obradoiros poderían ser realizados no exterior.

As actividades, ademais de ser divertidas, teñen o obxectivo de dar a coñecer o percebe e o seu hábitat ás pequenas e pequenos que participen nas actividades, subliñando a importancia da conservación do medio ambiente.

Para acompañar a Festa, e durante toda a duración da mesma, a organización vai contar coa animación a cargo da Charanga OS CHARANGOS e  dunha DISCOMOVIL,  que van por o punto musical  á mesma. 

A Festa vaise prolongar ao longo do día, permitindo aos asistentes xantar e cenar se así o desexan.

A organización da Festa corre a cargo conxuntamente da Asociación de Festexos a Medorra  e do Concello de Xove, contando coa colaboración patrocinio da Consellería do Mar, da Deputación de Lugo, do Grupo de Acción Local do sector Pesqueiro A Mariña-Ortegal e  o Fondo Europeo Marítimo de Pesca. Decir que esta Festa está dentro do Proxecto XOVE MIRANDO AO MAR.

Para rematar, aproveitar para invitar a participar nesta Festa a tódolos xovenses e mariñáns, así como a tódolos que nos visitan nestas datas estivais.

Embárcate con destino á Illa de Ansarón! 

Este iniciativa, incluída tamén dentro do Proxecto XOVE MIRANDO AO MAR, pretende dar a coñecer a nosa costa desde unha  perspectiva biolóxica e medioambiental, e tamén, como no, tamén paisaxística.

Neste sentido programáronse varias visitas por mar pola costa do noso Concello; o noso educador ambiental acompañará cada expedición  nun fermosísimo paseo pola costa de Xove, descubrindo unha paisaxe insólita, os cantís de Morás, vista desde o mar. Na viaxe aprenderase sobre a biodiversidade e o ecosistema da zona facendo especial fincapé sobre o percebe e o polbo da pedra que habita nas nosas costas.

As visitas saen do Portiño de Morás nos seguintes horarios:

   Sábado 14 de xullo:
      16:00 – 17:15
      17:30 – 18:45
      19:00 – 20:00

   Domingo 15 de xullo:
      10:00 – 11:15
      11:30 – 12:45
      13:00 – 14:00 

   Sábado 25 de agosto:
      16:00 – 17:15
      17:30 – 18:45
      19:00 – 20:00

   Domingo 26 de agosto:
      10:00 – 11:15
      11:30 – 12:45
      13:00 – 14:00

Tódalas visitas son gratuítas para as persoas que reserven e asistan.
Para reservar tes que cubrir e enviar o formulario que  na páxina web se Xove Mirando ao Mar: http://mirandoaomar.xove.es/visitas-guiadas-a-ansaron. Haberá que depositar unha fianza de 30€ por persoa que se  devolverá, por transferencia bancaria, despois de realizar a visita.

A idade mínima para participar nestas visitas é de 7 anos. As/os menores deberán estar sempre acompañadas/os dunha persoa adulta.

Recoméndase traer unha roupa axeitada ao tipo de actividades, aconsellamos un pantalón longo e un cortaventos (no mar sempre refresca).

Para todas as persoas que o precisen estarán dispoñibles os baños e vestiarios municipais da praia de Morás. 

Decir, por ultimo, que inda quedan algunhas prazas para os días 14 e 15 de xullo; para as datas do 25 e 26 de agosto a dispoñibilidade é maior.

Clases de padel no verán

Esta actividade vai dirixida para todas as persoas maiores de 6 anos. O curso empezou o pasado 4 de xullo e vai durar ata o 10 de agosto. As Clases desenvólvense o mércores e venres en horario de 12:00 a 14:00, na Pista Municipal de Padel. En canto ao número de inscritos, temos un total de 10.