Mariña Patrimonio organiza unha visita guiada a Mondoñedo o día 16 xuño para coñecer o patrimonio civil e relixioso máis salientable da vila. Para esta actividade, grazas á colaboración do Concello de Mondoñedo, “contaremos cunha guía que nos acompañará durante o percorrido”, explican os organizadores.
E engaden que “no caso de que haxa un número suficiente de persoas, pensamos facer o desprazamento en bus, con traxecto Viveiro - Foz - Mondoñedo (con paradas intermedias). As persoas interesadas teñen de prazo límite para apuntarse ata o luns 11, para termos tempo de contratar o bus e de facermos a reserva do xantar. Farano a través do correo electrónico mr.patrimonio@gmail.com, indicando o nome, se é socio/a ou non, e as opcións que lle interesan. En caso de non haber suficiente xente interesada na opción do bus, comunicariámolo o martes 12, así como o importe da actividade para facer o ingreso correspondente”.
O horario pola mañá será de 10 a 14 horas e pola tarde de 16 a 20 horas.
Prezo para socios: actividade, con entradas incluídas, 6€; (bus 10€); xantar 10€. E non socios: actividade, con entradas incluídas,16€; (bus10€); xantar 10€