O Grupo de Sendeirismo da ACD Xove desprazarase á comarca dos Valles del Oso, en Asturias, o vindeiro domingo, 20 de maio.
Camiñarán primeiro pola Senda del Oso, en Santo Adriano, e despois farán a ruta do Desfiladero de las Xanas. Estes percorridos xa foron feitos polo grupo hai uns anos, pero moitos dos membros actuais nos os fixeran, e por iso decidiron repetilas ademais de por ser unhas das rutas máis fermosas que se poden facer polo norte de España.
Pola tarde o grupo irá ao Concejo de Teverga para visitar Cueva Huerta, que é a cavidade kárstica máis grande de Asturias, con preto de 15 quilómetros de galerías. Recoméndase ir provistos de casco e frontal de luz, aportados polo empresa DeporAventura, un par de guías levarán o grupo a facer "unha viaxe o centro da terra", como di a publicidade da gruta.