A Delegación de Cultura do Concello de Foz programa unha exposición de debuxos de Juan A. Mariño Domenech, que se inaugurará o día 14 de maio no CENIMA, e unha obra de teatro que se representará en Cordido o día 17.
O vindeiro luns, 14 de maio, inaugurarase a exposición de debuxo a cores con obras de Juan A. Mariño Domenech. Esta mostra permanecerá na sala de exposicións do CENIMA ata o día 6 de xuño. O horario de visita será de 10:00 a 14:00 horas de luns a venres.
O xoves 17, Día das Letras Galegas, o grupo de teatro A Adala Infantil presentará Mamasiña que medo! A representación terá lugar no centro social de Cordido, ás 19:00 horas. Organiza a Comunidade de Montes en Man Común da parroquia de Cordido coa colaboración do Concello de Foz. A obra conta a historia dunhas bruxiñas e un ogro grande e temido por todos, que un día, non se sabe moi ben como, vólvese pequeniño, polo que pide axuda ás bruxiñas. Pero as cousas non saen como esperaban e o ogro volve facerse grande pero de corazón.