En Lagoa, Alfoz, celébranse os días 27 e 28 deste mes de xaneiro as festas na honra a San Vicente.
O sábado 27, ás 21:30 horas, terá lugar a Festa dos Callos con verbena amenizada pola orquestra Gran Parada. Haberá queimada gratuíta, e instalaranse mesas e bancos nun recinto con carpa completamente pechada e calefacción. Ademais sortearase un fin de semana para dúas persoas no Balneario de Carballo.
O domingo 28, ás 13:00 horas, celebrarase a misa solemne seguida de procesión. Haberá tamén sesión concerto e actuación do Grupo Tribal.
Organiza a comisión de festas e Asociación de Veciños, coa colaboración do Concello de Alfoz e a Deputación de Lugo.