Este xoves, 28 de decembro, o escritor Lionel Rexes falará en Ribadeo da súa obra A raíña das velutinas.
O acto, organizado pola Agrupación Cultural Francisco Lanza, terá lugar na Casa das Letras, na rúa Rodríguez Murias 8, ás 20:30 horas.
O autor alfocés presentará a súa última novela pola que obtivo o Premio Lueiro Rey de Novela, e na que a narración parte dun encontro real, acontecido nunha casa de turismo rural de Mondoñedo no verán de 2016.
Lionel Rexes participou nunha xornada cun dos últimos guerrilleiros republicanos vivos e, a partires desa experiencia, comezou a redactar unha narración en forma de novela que presentou ao premio literario que o concello de O Grove convoca desde hai vintetres anos.
Despois de terse presentado noutros puntos da provincia como O Valadouro, Mondoñedo e Lugo, a presentación de Ribadeo será a primeira na que o autor é convocado por un club de lectura, a Agrupación Cultural Francisco Lanza que escolleu A raíña das velutinas como libro de lectura común hai unhas semanas.