Intensa axenda de actividades culturais para todos os públicos en Cervo ata o vindeiro 7 de xaneiro.

O sábado, 23 de decembro, celebrarase a Gala de Nadal no auditorio da Casa da Cultura a partires das 20:00 horas. Haberá actuacións de corais, música tradicional e baile galego a cargo de grupos do concello. Ese mesmo sábado no local social de Trasbar terá lugar a visita de Papa Noel a partires das 16:30 horas, e na Casa do Mar de San Ciprián estará a contacontos Raquel Queizás ás 17:00 horas.

O domingo 24, no Ecomuseo de Cervo a partires das 16:00 horas, haberá unha actuación infantil. Do martes 26 ao xoves 28 desenvolverase Enredos de Nadal na Casa do Mar de San Ciprián e na Praza do Souto, entre as 11:00 e as 12:30 horas, e as 12:30 e as 14:00 horas. Ademais haberá actividades para a xuventude no pavillón da Veiga en San Ciprián ás 17:00 horas.

O martes 26, proxectarase a película infantil Ballerina, ás 19:30 horas no auditorio da Casa da Cultura. O venres 29, terá lugar o festival de música Callo Fest, na Praza dos Campos en San Ciprián a partires das 19:00 horas.

O sábado, 30 de decembro, desenvolveranse os actos con motivo do centenario das Escolas de Cervo, e que terán lugar no Ecomuseo ás 16:00 horas. O domingo 31, terá lugar a Carreira San Silvestre, na Praza dos Campos en San Ciprián, con saída ás 11:30 horas. Xa pola tarde, a partir das 19:30 horas, haberá un karaoke infantil.

No comezo de 2018, do martes 2 ao xoves 4 de xaneiro, volverá a haber Enredos de Nadal na Casa do Mar en San Ciprián e no Ecomuseo, en horarios de 11:00 a 12:30 horas, e de 12:30 a 14:00 horas. O martes 2 de xaneiro tamén haberá unha festa acuática infantil na piscina de Lieiro de 17:00 a 19:00 horas. 

O mércores 3 de xaneiro, proxectarase a película infantil Paddington no auditorio da Casa da Cultura, ás 19:30 horas. O xoves 4, haberá unha actuación de maxia na Praza do Souto ás 19:00 horas.

O venres 5, a Cabalgata de Reis sairá do pavillón da Veiga en San Ciprián ás 18:30 horas, e das Escolas Vellas de Cervo ás 19:00 horas. Ademais ofrecerá un estreo teatral o grupo O Bordelo.

Esta programación rematará o 7 de xaneiro cunha actuación musical na Praza do Souto en Cervo ás 12:30 horas.