A asociación Pasada das Cabras de Burela celebra o venres, 24 de novembro, a asemblea anual ordinaria. Desenvolverase no restaurante Palacio de Cristal ás 20:30 horas en primeira convocatoria, e ás 21:00 h. en segunda. Ao remate da asemblea, sobre ás 20:00 horas, no mesmo restaurante terá lugar unha cea-baile que estará amenizada por Juan e a súa guitarra.
Para asistir á cea é imprescindible anotarse en Gráficas Arfe ou no teléfono 982 580 504, antes do xoves 23 de novembro. O prezo para os socios é de 25 euros e 30€ para os que non o son.
E o 3 de decembro Pasadas das Cabras ten programada a ruta de Candaido pola Fonsagrada. A saída será ás 8:30 horas desde a estación de autobuses de Burela. O prezo para socios será de 25 euros e para non socios de 30 euros. Inclúe autobús, xantar (cocido típico da Fonsagrada) e seguro. É necesario anotarse antes do 30 de novembro.