O Complexo RegalXunqueira de Viveiro acolle a exposición do libro "Soños coma xogaras" con letras de Xaime Oroza e imaxes de Otero Regal.
A mostra é unha edición de 130 páxinas que recolle o último poemario do escritor viveirense Xaime Oroza e ilustracións de Otero Regal, feitas expresamente para cada un dos poemas.
O libro en galego foi publicado pola editorial madrileña Círculo Rojo, sendo o primeiro libro en galego promovido por esta editorial. Anteriormente ambos autores xa publicaron o libro artístico Dende mañá, que tamén tivo unha edición comercial da mesma obra.
Esta exposición permanecerá no Complexo RegalXunqueira ata o día 31 de xaneiro de 2018.