A Delegación de Cultura do Concello de Foz organiza un ciclo de teatro infantil, que se desenvolverá dende mañá, martes, no patio do colexio Número 1. Todas as representacións están programadas para as 21 horas.
Mañá, martes, día 1 de agosto a Compañía Pérez y Fdez ofrecerá a obra O Poder de Anabel; o mércores 2 Expresión Produccións representará Os limpa limpa; o xoves 3 o grupo de teatro A Adala Infantil ofrecerá A rá que se quedou sen charco. E rematará o ciclo o luns día 7 Abarajar Produccións co espectáculo de maxia Fusión.
Queimada ibicenca
Dentro da programación para o vindeiro mes de agosto en Foz inclúese tamén a Queimada ibicenca, que organiza a agrupación O Feitizo. Será este mércores, día 2, a partir das 21:30 horas no paseo da Rapadoira. Haberá actuacións musicais e tamén empanada, refrescos, auga e queimada.