Viveiro acolle a celebración dunha nova edición do Mercado Renacentista que se celebrará dende o xoves 29 de xuño ata o domingo 2 de xullo.
O programa comeza o venres ás 11:00, horas coa apertura do mercado, e durante toda a xornada haberá pasacalles, o duende travieso Luisete percorrendo o mercado, Recua Teatro con La Marquesa y su séquito ou concertos de rúa con Cornalusa. Ás 21:00 horas terá lugar o desembarco de Carlos V na praia de Covas, e o gran desfile de todas as compañías e participantes de regreso ao mercado.
O sábado 1 de xullo, o mercado volve cobrar vida ás 11:00 horas, e ao longo de todo o día haberá pasacalles, os bufóns da corte, acrobacias e cómicos para rematar ás 23:00 horas co Conjuro de Tregua con Bambolea.
O domingo 2 de xullo, o mercado permanece aberto desde as 11:00 horas e de novo aparecerán nel os duendes e os bufóns. Ás 14:30 horas será a hora do buen llantar e ás 22:30 horas terá lugar o gran desfile de despedida con todas as compañías e o fin de festa na praza co Conjuro de Tregua de Bambolea con Trapecio y Fuego.
O mercado contará co rincón infantil con atraccións como a barca, noria ou cama elástica, ademais de obradoiros de oficios como o ferreiro, talla de madeira ou esparto.