A Volta ás Comarcas de Lugo terá lugar do 26 ao 28 de maio con saída e chegada á capital, á Fonsagrada e á Pontenova.

A Volta ás Comarcas de Lugo 2017, Desafío Volta Lugo, arranca este venres con 176 participantes inscritos e o patrocinio principal do organismo provincial. O Goberno da Deputación decidiu realizar unha achega de 65.000 euros para a celebración desta cita deportiva como dinamizadora da economía lucense, posto que terá un retorno económico aproximado de 100.000 euros para a provincia, así como pola oportunidade única que supón para promover turisticamente cada un dos 13 Concellos polos que discorre: Lugo, Castro de Rei, A Pastoriza, Riotorto, A Pontenova, Meira, Ribeira de Piquín, A Fonsagrada, OCádavo, Castroverde, O Corgo, Láncara e Guntín.

O Desafío Volta Lugo é unha das citas máis agardadas da tempada posto que se trata da única volta cicloturista por etapas desenvolvida en Galicia, e unha das poucas que se celebran a nivel nacional. Isto, unido á espectacularidade do percorrido, fai que a afluencia de ciclistas chegados de toda a xeografía española sexa moi importante. En efecto, nesta terceira edición do Desafío, o número de participantes chegados de lugares tan dispares como Ibiza, Barcelona, León, El Bierzo, Asturias, País Vasco, Segovia, Madrid, Valencia ou Cáceres, supera incluso ao número de corredores das catro provincias da comunidade galega que contarán con representación neste evento cicloturistaen bicicleta de estrada non competitivo.

Isto é un bo indicador do excelente escaparate que supón a Volta ás Comarcas para a promoción da provincia pola cantidade de xente que consegue reunir, xa que moitos dos corredores acudirán acompañados por familiares e amigos, e as súas diferentes procedencias. Deste xeito,os participantesterán a oportunidade de coñecer a riqueza paisaxística e cultural das distintas zonas polas que transcorre o percorrido.

Mañá terá lugar a primeira etapa, os corredores sairán ás 11:00 horas da Praza Maior de Lugo e chegarán á Rúa das Escolas, na Pontenova. En total, percorrerán unha distancia de 86,8 quilómetros, cun desnivel acumulado de 1.193 metros positivos, atravesando altos de montaña como o Alto de Lindín (3ª Categoría), o Alto de Cruz da Cancela (2ª Categoría) ou o Alto de Augaxosa (2ª categoría). Esta primeira etapa pasarápolos Concellos de: Lugo, Castro de Rei, Pastoriza, Riotorto, A Pontenova.

Desafío Volta Júnior
O Desafío Volta Júnior nace como un complemento á Volta Ciclista ás Comarcas para involucrar a toda a poboación dos Concellos que son saída e chegada de cada etapa, especialmente, aos nenos e nenas de cada un deles. Este venres, entre as 16:00 e as 17:00 horas no Colexio da Pontenova instalaranse uns circuítos de habilidade, destreza e velocidade onde os nenos e nenas poderán sentirse como auténticos profesionais, xa que dispoñerán da mesma infraestrutura, loxística e medios humanos que o resto de deportistas.

Programación
VENRES 26 DE MAIO
08.30 – 10.00 horas: Apertura oficina permanente recollida de bolsa do corredor e dorsais. Camión Podio, Praza Maior (Lugo)
10.00 – 10.50horas:Concentración e control de firmas corredores.Lugo (Praza Maior)
11.00 horas: Saída neutralizada Lugo. Praza Maior (Lugo)
16.00 – 17.00horas:    Ginkana Desafío Volta Júnior.Colexio da Pontenova.
14.15 horas: Chegada primeiros participantes e apertura zona vestiarios.
Comida de participantes. A Pontenova (Pavillón deportivo)
16.30 horas: Saída autobuses participantes.
Con aloxamento:A Fonsagrada (Escola Hogar)
Sen aloxamento:Gran Hotel Lugo (Avenida Ramón Ferreiro)
20.30 horas: Cea participantes con aloxamento.A Fonsagrada (Escola Hogar)

SÁBADO 27 DE MAIO
07.00 – 8.00 horas:    Almorzo participantes con aloxamento.A Fonsagrada (Escola Hogar)
08:15 horas:Saída autobuses participantes:
Lugo á Pontenova:Gran Hotel Lugo (avda. Ramón Ferreiro s/n)
A Fonsagrada á Pontenova:Escola Hogar
09:00 horas: Apertura aparcadoiro bicicletas e vestiarios.A Pontenova (Pavillón Deportivo)
09:00 – 09:50 horas:    Concentración e control de firmas corredores.A Pontenova (Praza dúas Fornos)
10:00 horas: Saída Neutralizada A Pontenova.A Pontenova (Praza dúas Fornos)
15:00 horas: Chegada primeiros participantes e apertura zona vestiarios.
Comida participantes A Fonsagrada (Escola Hogar)
16:00 – 17:00 horas:    Ginkana Desafío Volta Júnior. A Fonsagrada (Concello)
17:00 horas: Saída autobuses participantes sen aloxamento a Lugo.Gran Hotel Lugo (avda. Ramón Ferreiro s/n)
20:30 horas:Cea participantes con aloxamento.A Fonsagrada (Escola Hogar)

DOMINGO 28 DE MAYO
07:30 – 09:00 horas:     Almorzo participantes con aloxamento. A Fonsagrada (Escola Fogar)
08:00 horas: Saída autobuses participantes desde Lugo á Fonsagrada. Lugo (Pazo de Feiras e Congresos)
09:00 horas: Apertura aparcadoiro bicicletas e vestiarios. A Fonsagrada (Escola Fogar)
09:15 – 09:55 horas:     Concentración y control de firmas corredores. A Fonsagrada (Concello)
10:00 horas: Saída Neutralizada A Fonsagrada. A Fonsagrada (Concello)
12:30 – 13:30 horas:    Ginkana Desafío Volta Júnior. Lugo (Pazo de Feiras e Congresos)
13:30 horas: Chegada primeiros corredores a meta e apertura vestiarios. Lugo (Pazo de Feiras e Congresos) e Pavillón O Palomar
14:00 horas: Comida Clausura e entrega de recordos conmemorativos Desafío Volta Lugo 2016. Lugo (Pazo de Feiras e Congresos)