A Concellería de Cultura do Concello de O Valadouro celebra o Día das Letras Galegas con diversos actos en torno á figura de Carlos Casares, os días 16 e 17 de maio.
O martes 16 ás 12:00 horas, Solle Felloza fará unha Viaxe ao mundo de Carlos Casares. Ás 15:30 horas terá lugar a entrega de diplomas do Certame de Narración e Debuxo Infantil O Valadouro 2017.
O mércores 17, Día das Letras Galegas, ás 20:00 horas Lionel Rexes falará da Vida e Obra de Carlos Casares, ademais a Asociación Cultural Amado Lar interpretará cantigas populares galegas co grupo de cantareiras. Tamén o grupo A Adala Infantil de Fazouro representará a obra de teatro A rá que se quedo usen charco.
Todos estes actos desenvolveranse no salón de actos do Centro Socio-Cultural, Xuvenil e da Terceira Idade Manuel Lourenzo de O Valadouro.