San Ciprián acollerá o 7 de maio un seminario de dirección, paralelo ao Nacional Junior de Baloncesto Feminino.

O vindeiro domingo, 7 de maio, a Casa da Cultura de San Ciprián acollerá un seminario de dirección a partir das 12:30 horas. Trátase dunha actividade paralela ao Nacional Junior de Baloncesto Feminino do que Cervo será sede, e que organizan o Concello de Cervo, conxuntamente co C.D San Ciprián e a Federación Galega de Baloncesto.

Os interesados en inscribirse poden facelo a través do correo adestradores@fegaba.com.
Na presentación estiveron presentes o edil de Deportes do Concello de Cervo, José Ramón Soto, o responsable do CD San Ciprián, Juanma López, e o responsable deportivo da Federación Galega de Baloncesto na zona da Mariña, Nacho Mota.