A asociación Sendeiros de Foz organiza un andareiro a Boal (Asturias) o día 7 de maio, e unha viaxe a Granada no mes de outubro.
A primeira ruta da asociación no mes de maio, é o domingo 7, con motivo do encontro astur-galaico e día do sendeirista de Asturias, que terá lugar en Boal. A ruta percorre as paraxes do entorno do río Navia onde se xuntarán con clubs de Asturias e Galicia.
A saída será ás 8:00 horas do Concello e o derradeiro día para anotarse é o 29 de abril. As inscricións poden facerse nos teléfonos 676 561 594 e 670 369 017, ou no e-mail ossendeiros@yahoo.es. Os prezos son 25 euros para os socios federados, 29€ para os socios non federados, e 35 euros para os non socios.
Sendeiros de Foz tamén organiza unha viaxe a Granada no mes de outubro, do día 11 ao 15. A saída será o día 11 ás 8:00 horas, e o regreso o domingo 15 pola noite.
Nesa viaxe os participantes visitarán Granada e Málaga facendo o Caminito del Rey, e estarán nunha xornada de confraternidade da marcha nacional de veteranos con clubs de toda España. As prazas son limitadas pola dispoñibilidade do hotel co que se recomenda reservar canto antes, e o prazo remata o 31 de maio. Os prezos son 370 euros para os socios federados, 375€ para os socios non federados e 380 euros para os non socios.