O Concello de Cervo organiza un campionato de tute e parchís aberto a todos os xubilados do municipio, así o anunciou a edil de Servizos Sociais, Pilar Armada.
Os interesados poden anotarse na Casa do Mar de San Ciprián chamando ao teléfono 982.87.95.83. O prazo de inscrición estará aberto ata o xoves 16 de marzo.
O vindeiro luns comezaranse a xogar as partidas.
Os trofeos e premios aos gañadores entregaranse na Festa do Xubilado que será o 1 de maio, na Carpa instalada na Praza dos Campos.