O vindeiro mes de abril celebraranse as VI Olimpíadas Interparroquiais de Alfoz que se levarán a cabo seguindo as seguintes datas, horarios e lugares de celebración:
- Probas Deportivas: Sábado 1 de abril, 18:00 horas no Pavillón Municipal de Alfoz.
- Probas Culturais: Sábado 8 de abril, 18:00 horas no Pavillón Municipal de Alfoz.
- Probas Artísticas: Sábado 15 de abril, 18:00 horas no Pavillón Municipal de Alfoz.
- Xogos Populares: Sábado 22 de abril, 18:00 horas no Pavillón Municipal de Alfoz.
Como cada ano existirán novidades respecto a edicións pasadas, que foron debatidas cos capitáns das distintas parroquias nunha reunión que se celebrou no día onte. Entre as novidades pódese destacar que na proba deportiva este ano haberá catro probas polo que se dará a posibilidade de participar a xogadores de distintas disciplinas, introducíndose por primeira vez a pesca.
Tamén haberá novidades nas probas dos xogos populares, onde este ano se introduce o tradicional xogo de patio do brilé. Como indica Xabier Pardiñas, responsable da Área de Cultura do Concello de Alfoz, “ a idea é que cada ano se podan ir rotando diferentes xogos, facendo o evento máis aberto, divertido e imprevisible”
Nas Olimpíadas poderán participar todos os veciños e veciñas das diversas parroquias de Alfoz que estean ou estiveran empadroados/as ou sexan naturais do concello, ou ben que teñan parentesco en primeiro grao con estes.
Despois da reunión mantida cos capitáns propostos os 8 equipos participantes serán Adelán, Bacoi, Carballido, Castro de Ouro, Lagoa, Mor, Pereiro-Oiras e Reirado-Vilaúde.
As inscricións faranse a través da Biblioteca Municipal no teléfono 982571270 ou no correo ofelia.adrio.alfoz@eidolocal.es.
PARTICIPANTES.
Nas Olimpíadas poderán participar todos os veciños e veciñas das diversas parroquias de Alfoz que cumpran algunha seguintes condicións:
- Que estean ou estiveran empadroados/as na parroquia na que participan.
- Que sexan naturais da parroquia na que participan.
- Que teñan parentesco en primeiro grao con veciños ou veciñas que estean ou estiveran empadroados/as ou sexan naturais da parroquia na que participan.
Cada parroquia terá un ou dous capitáns que serán os encargados de seleccionar aos participantes da súa parroquia así como para facer os equipos para as diversas probas. Os 8 equipos participantes serán: Adelán, Bacoi, Carballido, Castro de Ouro, Lagoa, Mor, Pereiro - Oiras e Reirado -Vilaúde.
INSCRICIÓNS E INFORMACIÓN
As inscricións realizaranse, a través dos capitáns de cada parroquia, na Biblioteca Municipal de forma presencial, enviando un email a Ofelia Adrio no ofelia.adrio.alfoz@eidolocal.es ou chamando ao teléfono 982571270, indicando nome e apelidos, proba na que participa e grao de relación coa parroquia. O prazo de inscrición en cada proba finalizará o xoves anterior á celebración da mesma.
Para máis información sobre as IV Olimpiadas Interparroquiais de Alfoz podedes poñervos en contacto con Xabier Pardiñas no email xabier@concellodealfoz.com ou no teléfono 647570025.
REGRAS DE PARTICIPACIÓN NAS COMPETICIÓNS.
Cada unha das probas das Olimpíadas terá as súas regras, que serán as seguintes:
A) PROBA DEPORTIVA: Sábado, 1 de abril de 2017.
As parroquias estarán representadas por equipos mixtos de 5 compoñentes como mínimo e 10 como máximo, repartíndose en tres deportes diferentes. As probas seguirán a modalidade de eliminatorias, excepto na proba de pesca, comezando por cuartos de final, seguidas de semifinais e final, polo que se realizará un sorteo antes de cada unha delas. Seguiranse as regras seguintes:
- FUTBOL 3X3.
Cada partido será disputado por dous equipos compostos cada uno por 3 xogadores, non existindo a figura do porteiro, non podendo tocar a pelota coa man ningún xogador. É obrigatorio que en todo momento, o equipo que estea en xogo sexa mixto. Os cambios poderanse efectuar en calquera momento. Os xogadores substituídos poden volver a participar no xogo. Os partidos terán unha duración de 10 minutos e non existirán tempos mortos. Se o resultado final fose empate, desempatarase a penaltis. Sacarase de centro para dar inicio ao partido, unha vez realizado o sorteo, e despoi s de conseguir cada gol. Se a pelota sae do recinto por un dos laterais, porase en xogo mediante un saque de banda co pé. De saque de esquina será posible marcar gol, non así de saque de banda. Cando la pelota saia do terreo de xogo polos fondos realizarase un saque de meta. Castigarase con penalti cando o balón se toque coa man ou cando cunha falta se evite unha clara xogada de gol. Os xogadores deberán estar detrás do xogador que vai lanzar o penalti e na portería non haberá porteiro. Todos os tiros libres son directos. Cando un xogador cometa 3 faltas será obxecto de exclusión, sendo substituído por outro compañeiro. As demais normas de xogo serán as aplicadas no Regulamento de Fútbol Sala. Non existe a figura do árbitro, serán os xogadores os que controlen o partido, o que aporta unha gran experiencia didáctica de responsabilidade, compañeirismo, respecto e tolerancia. Haberá un controlador/a por parte da organización, por cada partido, que en caso de dúbida, teña a última palabra e actúe de mediador/a, sendo o encargado, xunto coa mesa de control, de controlar a duración do partido e facer que se cumpran as normas. O equipo clasificado en 1º lugar obterá 50 puntos na clasificación xeral; o 2º clasificado obterá 40 puntos; os clasificados en 3º e 4º lugar obterán 30 puntos, e o resto obterán todos 20 puntos.
- TIRO CON ARCO
Cada un dos equipos elixirá a un representante para esta proba. Os participantes deberán disparar dúas quendas de tres frechas cada unha, desde o lugar indicado para tal fin. Gañará o que consiga máis puntos na diana. Haberá un controlador/a por parte da organización que sendo o encargado da custodia das frechas e de controlar a puntuación da diana. O equipo clasificado en 1º lugar obterá 50 puntos na clasificación xeral; o 2º clasificado obterá 40 puntos; os clasificados en 3º e 4º lugar obterán 30 puntos, e o resto obterán todos 20 puntos.
- BALONCESTO 3X3.
Cada partido será disputado por dous equipos compostos cada un por 3 xogadores. É obrigatorio que en todo momento, o equipo que estea en xogo sexa mixto. Os cambios poderanse efectuar en calquera momento. Os xogadores substituídos poden volver a participar no xogo. Os partidos terán unha duración de 10 minutos e non existirán tempos mortos. Xogarase nunha soa canastra. Se o resultado final fose empate, desempatarase a tiros libres. A primeira posesión do balón será sorteada. Despois de cada cambio de posesión, rebote defensivo ou balón recuperado, o balón deberá saír mais aló da liña de 3 puntos, antes de poder anotar. Si anotasen sen saír da liña de 3 puntos a canastra será sumada no marcador do equipo contrario e a posesión sería para este mesmo equipo. Despois de cada canastra o balón cambia de posesión e iniciase o xogo desde detrás da liña de medio campo cun pase. Cando o balón saia fora, deberá poñerse en xogo desde a banda. As faltas sacaranse sempre de banda. A partir da quinta falta de equipo todas as faltas sancionaranse con un tiro libre. Os xogadores serán eliminados ao cometer a súa quinta falta persoal. O xogo pode continuar ata que un dos equipos quede con un so xogador. Non existe a figura do árbitro, serán os xogadores os que controlen o partido, o que aporta unha gran experiencia didáctica de responsabilidade, compañeirismo, respecto e tolerancia. Haberá un controlador/a por parte da organización, por cada partido, que en caso de dúbida, teña a última palabra e actúe de mediador/a, sendo o encargado, xunto coa mesa de control, de controlar a duración do partido e facer que se cumpran as normas. O equipo clasificado en 1º lugar obterá 50 puntos na clasificación xeral; o 2º clasificado obterá 40 puntos; os clasificados en 3º e 4º lugar obterán 30 puntos, e o resto obterán todos 20 puntos.
- PESCA.
Cada un dos equipos elixirá a un representante para esta proba. Non se farán eliminatorias senón que participarán todos os xogadores xuntos. Os participantes terán que pescar 5 troitas do estanque instalado para a ocasión e depositalas nos cestos. Haberá un controlador/a por parte da que cronometrará o tempo de cada participante. A clasificación dependerá do tempo que se tarde en pescar as 5 troitas. O tempo máximo será de 10 minutos. O equipo clasificado en 1º lugar obterá 50 puntos na clasificación xeral; o 2º clasificado obterá 40 puntos; os clasificados en 3º e 4º lugar obterán 30 puntos, e o resto obterán todos 20 puntos.
B) PROBA CULTURAL: Sábado, 8 de abril de 2017.
As parroquias estarán representadas por equipos mixtos cun mínimo de 5 participantes e un máximo de 10, repartíndose nos seguintes xogos:
- UN, DOS, TRES.
Cada parroquia escollerá dentro do seu equipo unha parella mixta. Preguntaráselle a cada equipo, de forma individual, sobre listas de palabras segundo as regras do popular programa Un, Dos, Tres, respondendo os dous concursantes de forma alternativa. En canto un equipo diga unha resposta errónea ou repita algunha resposta, rematará a proba. O tempo de resposta será de 45 segundos. Cada equipo disporá de dúas roldas. A puntuación final por equipo será a suma das respostas correctas conseguidas.
- TRIVIAL.
Cada parroquia formará un equipo mixto cun máximo de 5 compoñentes, podendo ser menos se se quere. Faránselles seis preguntas a cada equipo, que serán sobre Xeografía, Espectáculos, Historia, Arte e Literatura, Ciencias Naturais e Deportes e Pasatempos. Os participantes poderán deliberar, durante 10 segundos, e o portavoz do equipo dará a resposta. Cada resposta acertada suporá 10 puntos para o equipo. Se o equipo acerta as seis respostas os puntos que conseguirá serán 70.
- STOP.
Cada parroquia competirá un equipo mixto de máximo de 3 xogadores, que poderán deliberar, durante 10 segundos, para dar as respostas correctas. Os equipos competirán todos xuntos Pediránselles palabras que comecen cunha letra determinada escollida ao azar. Non entrarán no concurso as letras K, Ñ, Q, W e Y. Durante un minuto escribirán o maior número posible desas palabras incluídas nunhas fichas que se lles subministrarán. Se un dos dous equipos remata as palabras da lista antes de transcorrido un minuto, berrará “STOP” e a proba rematará. A proba farase en dúas roldas. As respostas correctas puntuarán 5 puntos se só as escribe un dos dous equipos e 3 puntos se resulta repetida por parte dos dous equipos en competición.
Haberá un xurado para decidir as dúbidas e sancionar as incorreccións. Cada equipo sumará na clasificación xeral a suma dos puntos obtidos nas tres probas.
C) PROBA ARTÍSTICA: Sábado, 15 de abril de 2017.
As parroquias presentarán a un ou varios representantes, que realizarán unha actuación dalgún aspecto artístico da súa elección: música, baile, teatro, monólogos, chistes, etc. Seguiranse as seguintes consideracións:
- Cada actuación durará un máximo de 12 minutos, contados polo marcador.
- As actuacións serán valoradas por un xurado formado por 5 persoas que permanecerán entre o público durante as actuacións. O seu voto será segredo e individual.
- Cada membro do xurado fará dúas valoracións de cada unha das actuacións. A primeira valoración será referida á orixinalidade da actuación, cun mínimo de 6 puntos ata un máximo de 20. A segunda valoración será referida á execución da actuación, igualmente cun mínimo de 6 puntos ata un máximo de 20. A valoración total máxima será 200 puntos e a mínima de 60.
Cada equipo sumará á clasificación xeral a puntuación obtida na valoración do xurado.
D) XOGOS POPULARES: Sábado, 22 de abril de 2017.
As parroquias estarán representadas por equipos mixtos cun mínimo de 5 participantes e un máximo de 10, repartíndose en catro xogos diferentes. As probas seguirán a modalidade de eliminatorias, comezando por cuartos de final, seguidas de semifinais e final, polo que se realizará un sorteo antes de cada unha d elas. Seguiranse as regras seguintes:
- CARREIRA DE ROLOS DE PALLA.
Cada parroquia escollerá dentro do seu equipo unha parella mixta. Deberán facer rodar un rolo de palla entre os dous participantes nun circuíto, gañando o que consiga facer o percorrido en menos tempo. O equipo clasificado en 1º lugar obterá 50 puntos na clasificación xeral; o 2º clasificado obterá 40 puntos; os clasificados en 3º e 4º lugar obterán 30 puntos, e o resto obterán todos 20 puntos.
- CARREIRA DE CARRETILLAS.
Cada parroquia escollerá dentro do seu equipo unha parella mixta. Deberán levar unha carretilla entre os dous participantes nun circuíto con obstáculos, gañando o que consiga facer o percorrido en menos tempo. O equipo clasificado en 1º lugar obterá 50 puntos na clasificación xeral; o 2º clasificado obterá 40 puntos; os clasificados en 3º e 4º lugar obterán 30 puntos, e o resto obterán todos 20 puntos.
- RECOLLIDA DE CAROCAS.
Cada parroquia escollerá dentro do seu equipo a un representante. Os participantes deberán recoller, de unha en unha, o maior número de carocas posible, que estarán colocadas nunha ringleira, depositándoas dentro dun cesto. Gañará o que primeiro consiga recoller todas as carocas. O equipo clasificado en 1º lugar obterá 50 puntos na clasificación xeral; o 2º clasificado obterá 40 puntos; os clasificados en 3º e 4º lugar obterán 30 puntos, e o resto obterán todos 20 puntos.
- BRILÉ.
Cada parroquia escollerá dentro dos seus compoñentes a un equipo mixto de 5 persoas. Seguiranse as regras do xogo do brilé. En caso de non rematar antes, o tempo máximo do xogo será de 5 minutos, gañando o equipo con mais xogadores na pista. O equipo clasificado en 1º lugar obterá 50 puntos na clasificación xeral; o 2º clasificado obterá 40 puntos; os clasificados en 3º e 4º lugar obterán 30 puntos, e o resto obterán todos 20 puntos.
- PROBA DE DESEMPATE.
No caso de que exista un empate entre parroquias en algún dos postos da clasificación xeral, farase unha proba de desempate consistente no TIRO Á CORDA. Participarán os cinco xogadores de cada equipo. Deberán xogar ó tradicional xogo de tirar da corda, gañando o que consiga arrastrar ó outro equipo ata unha marca previamente establecida.
Haberá un controlador/a por parte da organización que comprobará a execución das diferentes probas.
ENTREGA DE PREMIOS E TROFEOS.
- Os membros das tres primeiras parroquias clasificadas nas Olimpíadas recibirán medallas: de ouro (para os da parroquia clasificada en 1º lugar), de prata (para os da parroquia clasificada en 2º lugar) e de bronce (para os da parroquia clasificada en 3º lugar).
- Todos os participantes nas Olimpíadas recibirán diplomas acreditativos da súa participación.
- A entrega de medallas e diplomas terá lugar ó rematar a última das xornadas das Olimpíadas, o día 30 de abril.
- Ese mesmo día farase tamén entrega dos tres premios da 3ª Ruta das Tapas de Alfoz, que se celebrará os días 13, 14 e 15 de abril.