O Centro Comercial Aberto de Foz celebra San Valentín con varias propostas. Todas aquelas persoas que fagan as súas compras destas datas do 6 ao 14 de febreiro “poderán cubrir o tícket cos seus datos e deixalos no local para participar no sorteo de 5 ceas románticas para compartir coas súas parellas”. Desde a directiva do CCA contan que “o sorteo farémolo o 17 de febreiro ás 12 da mañá a través de Radio Foz. O que pretendemos con esta campaña é animar á xente a facer as súas compras no noso comercio e queremos premialos por iso con ese sorteo de cinco ceas románticas”.
Os que se acheguen a Foz a vindeira fin de semana poderá gozar da 7ª Festa da Cociña Afrodisíaca, que terá lugar os días 10 e 11 de febreiro en varios locais de hostalaría da vila. Na directiva sinalan que “estamos diante dunha cita tradicional e consolidada nesta datas na que varios mesóns, bares e restaurantes ofrecerán tapas elaboradas con produtos como ostras, chocolate, fresas, plátano, canela, vainilla, etc…”.
E ademais do 11 ao 14 de febreiro tres pastelerías de Foz: Amarena, Anduriña e Xoyma porán á venda, ao prezo de 1,5 euros, o doce especial afrodisíaco que elaboraron para esta ocasión.
Os eventos presentáronse nas últimas horas por parte de directivos do Centro Comercial Aberto de Foz.