Os Sendeiros de Foz organiza un novo andareiro o 12 de febreiro. Será desde Cazolga ata a capela do Carmen de San Martiño. A inscrición está aberta.

Os Sendeiros de Foz organiza un novo andareiro o 12 de febreiro. Será desde Cazolga ata a capela do Carmen de San Martiño. A inscrición está aberta.
 
Os Sendeiros de Foz fará o andareiro 118, o sábado 12 de febreiro. Partirá desde Cazolga, ascenderán o Virin e rematarán na capela do Carme de San Martiño. Nesta marcha tamén participará o grupo Mies de Oviedo e ao remate farán un xantar de confraternidade.
 
A saída será ás 9:15 horas do Concello. Os prezos son 10 euros para socios federados, 14 € para socios non federados, 15 euros para non socios federados e 19 € para non socios non federados. Está incluído o seguro de accidentes e a comida é opcional por 12 euros. 
 
Para participar é obrigatorio anotarse antes do mércores 8 de febreiro nos números de teléfono 676 561 594 e 670 369 017, ou no e-Mail: ossendeiros@yahoo.es
 
A organización recomenda levar equipo de sendeirismo e informa de que a dificultade da ruta é media. O Concello de Foz colabora con esta actividade.