Os Sendeiros de Foz organizan unha ruta por Asturias. Será o 21 de xaneiro e discorrerá dende Santa María del Mar ata Ranón. A inscrición está aberta.

Os Sendeiros de Foz organizan unha ruta por Asturias. Será o 21 de xaneiro e discorrerá dende Santa María del Mar ata Ranón. A inscrición está aberta.
 
A asociación Os Sendeiros de Foz organiza a primeira andaina deste ano para o sábado 21 de xaneiro.
 
Nesta ocasión o percorrido discorrerá por terras asturianas cunha ruta de dificultade media, pola costa dende Santa María del Mar ata Ranón. Os organizadores aseguran que se trata dunha fermosa ruta polas vistas dende o cabo Vidio ata cabo Peñas, cuns cantís de ata 100 metros de altura. Ademais visitaranse os vestixios da guerra civil que quedan en Ranón, unha casamata e trincheiras.
 
A saída será o sábado 21 de xaneiro ás 8:00 horas do Concello, e o derradeiro día para anotarse é o día 18 deste mes. Para facer as inscricións hai que chamar aos números de teléfono 670 369 017 (Morís) ou 676 561 594 (Nelli). O prezo para o socio federado é 10 euros, para o socio non federado 14 €, para o non socio federado 15 euros e para o non socio non federado 19 €. No prezo non vai incluído o xantar e os que o desexen poderán xantar unha comida caseira en Soto del Barco, en el Mesonín de Tere.
 
Os organizadores recomendan levar equipo de sendeirismo.